MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO LAVADOIRO DE SAS
O Concello de Paderne resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Resolución de la Subdirección Xeral de Espazos Naturais da Xunta de Galicia de fecha 13/08/2024 pola que se resolven as axudas ao abeiro da Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT724A) con número de expediente MT724A/15/2024/000009/C para a actuación MELLORA E ACONDICIONAMIENTO DO LAVADOIRO DE SAS por importe de: anualidade 2024: 15.000,00 euros e anualidade 2025: 15.000,00 euros.
Esta subvención finánciase íntegramente con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 80%, cos fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e cos fondos propios do Estado nun 6%.