SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS ASINANATES DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE. FEDER 2014-2020

O Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda de 4.000 € para o proxecto: “Memoria sobre a realización do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Paderne”

Esta solicitude realízase en base á Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxía sustentable e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Paderne é un dos 208 concellos de Galicia comprometidos a adoptar un enfoque integrado cara á mitigación do cambio climático e á adaptación das súas accións para desenvolver un territorio máis sustentable, plasmando así unha filosofía de respecto polo medio ambiente acorde tamén cos obxectivos da Reserva de Biosfera da que o seu Alcalde é Vicepresidente.