XORNADA DE ACHEGAMENTO DA ADMINISTRACIÓN Á CIDADANÍA

Co obxecto de achegar a Administración Pública á cidadanía, e nun momento no que a transformación dixital constitúe unha barreira de comunicación entre a persoa e os distintos Organismos públicos, os habitantes de Paderne que o desexen, poden asistir a unha charla que terá lugar o vindeiro 30 de marzo ás 11:30 h. no Salón do Centro de Maiores.

O seu obxectivo é o de achegar os servizos públicos á cidadanía do mundo rural e facer efectivo o dereito de acceso de tódalas persoas aos servizos públicos eliminando o desprazamento e superando a brecha dixital.

Estará centrada na Administración electrónica, os servizos electrónicos das diferentes Administracións e os certificados dixitais, ademais da emisión de certificados electrónicos da FNMT a toda aquela persoa que o desexe.

Dúas persoas da Delegación do Goberno en Galicia, desprazaranse este día ao noso Concello con todo o necesario, o propio rexistro incluído, para axudar a tódalas persoas que asistan.

É importante que o que teña a intención de obter o certificado electrónico, teña enderezo electrónico e dispoña de teléfono móbil no que poder consultalo para verificar os códigos que se lle van a emitir para a súa obtención así como acudir co DNI que acredite a súa identidade, imprescindible para a obtención do certificado electrónico.

Todo aquel que desexe asistir debe chamar antes ao Concello para inscribirse.