Accesos

O termo municipal de Paderne (provincia de A Coruña) ocupa a marxe dereita da ría de Betanzos e esténdese ata o límite co Concello de Irixoa. A estrada N-VI, no seu ramal de Betanzos a Ferrol atravesa as parroquias de Souto e Viñas, enlazando en Insua coa que ven de A Coruña polo Pedrido. Está delimitado ó Oeste por Betanzos e pola súa ría; ó Norte polo Concello de Miño, ó Sur por Coirós e ó Leste por Irixoa.

Para chegar a capital municipal debemos saír de Betanzos pola estrada de Viveiro e Irixoa. O Consistorio atópase a catro quilómetros de Betanzos. Desa estrada saen cara ó Mandeo outras que enlazan as parroquias de Quintas, Vilamourel, Vigo e Adragonte. Unha moderna ponte sobre o Mandeo, cerca do lugar de Chelo, comunica coa N-VI ó seu paso por Coirós.

Outra vía atravesa o termo de Paderne por Velouzás. Arranca da N-VI a saída de Betanzos ata Ferrol e, despois de alcanzar a forte subida de Velouzás, descende ata o Lambre, podendo logo o viaxeiro dirixirse a Ponte do Porco ou a Vilarmaior.

O municipio conta cunha extensión de 39,8 km2 contando con numerosas estradas comarcais e locais que intercomunican os distintos núcleos de poboación

 

Ver mapa más grande

© 2013 Concello de Paderne