ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA DA UNED SÉNIOR PARA O PRIMEIRO CUATRIMESTRE
A UNED A Coruña ten aberto, ata finais de setembro, o prazo de matrícula do primeiro catrimestre do programa formativo UNED Sénior, dirixido a persoas maiores de 50 anos que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames.
O obxectivo deste programa, é o de ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relación interpersoais.
O programa é aberto a moitas materias que cambian cada curso; non obstante, cada estudante pode matricularse no número de materias que desexe e nas que estea interesado/a.
Este curso 2023/2024, no programa da UNED Sénior A Coruña, ofértanse 25 materias, 13 das cales se imparten neste catrimestre. Entre elas atópanse as seguintes:
- Patrimonio Histórico
- Actividade Física e Incidencia na Saúde
- Cultura Musical de Galicia
- Historia da Arte
- Iniciación á Lingua Inglesa II
- Introdución á Informática, Internet e Correo Electrónico
As clase comezarán a primeira semana de outubro e rematarán a primeira semana de febreiro de 2024.
Máis información na Secretaría do C.A. UNED A Coruña (c/ Educación 3 – 15011 A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es.