XII ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES

O vindeiro 11 de marzo, o Concello de Paderne celebra o XII Aniversario do Centro de Maiores; unha importante data na que se conmemora a andadura dunhas instalacións moi beneficiosas para as persoas de Paderne.

Esta infraestrutura, construída na planta baixa da Casa Consistorial, permite que as persoas maiores teñan un espazo de ocio do que poder disfrutar e relacionarse con outros veciños, co equipamento adaptado ás necesidades das persoas maiores e un importante servizo de podoloxía do que poden facer uso tódolos socios do Centro.

Para esta xornada festiva do vindeiro día 11, o Alcalde anima a tódolos socios a participar e poder disfrutar así dun día de festa coa visita ó Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña, o MUNCYT, e a posterior comida a base de produtos típicos do entroido nun restaurante da zona.

Como nas anteriores celebracións, ás 11:15 h, os autobuses sairán da Casa do Concello para recoller ás persoas inscritas polas distintas parroquias. Os interesados teñen ata o día 6 de marzo para facer a súa inscrición chamando por teléfono ás oficinas municipais.