XVII FESTA DOS MAIORES

Unha nova edición da Festa dos Maiores tivo lugar o pasado día 28 de abril en Paderne; son xa dezaoito anos nos que se ven dedicando un día para homenaxear ós maiores e xuntalos nunha festa pensada e dedicada exclusivamente a eles.

Un día de celebración e alegría no que os maiores das distintas parroquias volven a encontrarse para disfrutar dos actos que o Concello lles prepara e asistir á comida que, nesta edición, tivo lugar nun restaurante cercano.

Así, e como en anos anteriores, os autobuses foron recollendo ós asistentes polas distintas parroquias para achegalos ata o pavillón polideportivo co fin de asistir á misa de campaña á que seguiu o acto de felicitación ós maiores de cada parroquia.

O Alcalde, neste simbólico acto concentrado nos maiores de cada unha das parroquias, ven a render unha merecida homenaxe ás persoas de Paderne que, co seu traballo e esforzo foron construíndo, tal e como sinalou o Alcalde no seu saúdo de benvida, a identidade do municipio.

Unha vez rematados os actos do polideportivo, os autobuses volveron a poñerse en marcha para achegar ós asistentes ó restaurante para comer todos xuntos disfrutando da sobremesa e o baile ata ben avanzada a tarde.