Entrega de premios do V certame de debuxo 'Vida silvestre do encoro de Cecebre'

As instalacións da Casa da Auga convertéronse na sede do acto de entrega de premios de la V edición do Certame de Debuxo de Natureza ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’ que tiveron lugar o pasado 23 de febreiro.

O Alcalde de Paderne César Longo, como Vicepresidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, entregou estes premios e, no seu discurso sinalou que “resulta moi fermoso ver os debuxos dos nenos, que están aprendendo para o futuro, e que nos axudan ós maiores a ‘desaprender’ as malas prácticas e retomar o amor pola natureza”.

Organizado polo Grupo Naturalista Hábitat en colaboración con Emalcsa, contou coa asistencia de decenas de persoas, coa representación do Concello de A Coruña e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta V edición do Certame participaron 68 persoas, das que 31 son menores de 14 años. Entre todas, presentaron 130 obras que retratan a fauna e flora do encoro, acadando un récord de participación. Os traballos poden verse ata o 31 de marzo na sala de exposicións da Casa da Auga de luns a venres de 07.30 a 23 h, sábados de 9.30 a 22 h e domingos e festivos de 9.30 a 21 h.