CELEBRACIÓN DO V ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Este pasado 8 de xuño, diversas personalidades, técnicos, políticos e membros de entidades medioambientais, reuníronse en O Burgo, Culleredo, nas instalacións da Aula de Natureza Juan Lembeye con motivo dos actos de celebración do V Aniversario da declaración de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo pola Unesco.

Este día, e como non podía ser doutra maneira, contou coa asistencia de parte da delegación que participou na declaración realizada na sede da Unesco en París en maio de 2013 de declaración da zona de As Mariñas e Terras do Mandeo como Reserva Mundial da Biosfera, o Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso que participaba en calidade de Presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural, o Alcalde de Paderne, César Longo, Vicepresidente do Grupo de Desenvolvemento Rural e o seu xerente Jorge Blanco.

Nos discursos destacouse o papel que está a xogar a Reserva da Biosfera no desenvolvemento do territorio, na defensa da súa identidade e na calidade das empresas que se están a desenvolver ó amparo desta Marca, polo que foron moi felicitados polos membros das outras Reservas presentes.

O acto contou con máis dun centenar de persoas e, ó seu remate, tivo lugar a plantación dunha árbore autóctona de Culleredo, o albedro (madroño) que da nome ó aeroporto do municipio segundo manifestou o Alcalde José Ramón Rioboo, ademais descubriuse unha placa conmemorativa do día e, ó remate, degustouse unha selección de produtos locais.