RECUNCHO PARA CRIANZAS E FAMILIAS

Este recuncho nace da idea de ofrecer ás familias da nosa contorna contidos que poidan ser de utilidade sobre como é o desenvolvemento das nosas crianzas nas primeiras idades. Persegue dar información de como se desenvolve un meniño ou meniña dende que nace ata que cumpre os seis anos, abordando aspectos relacionados coa área motora, sensorial, lingüística, social, emocional, comportamental e de autonomía.

É un espazo de divulgación dentro do Servizo de Atención Temperá, que o Concello de Paderne oferta ás familias con fillos e fillas menores de 6 anos de idade. Realizaranse publicacións cunha periodicidade mensual.