PRESENTACIÓN DO RAID GALLAECIA-AR WORLD CHAMPIONSHIP 2021

A sede do Real Club Náutico da Coruña acolleu, o pasado venres día 1 de outubro, a presentación do Raid Gallaecia-AR World Championship 2021, o Campionato do Mundo de carreiras de aventura, que comeza o día 2 de outubro coa saída de Monforte de Lemos e remata o 9 de outubro coa chegada á cidade da Coruña.

O Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, César Longo, estivo na presentación deste Raid que pasará por varios lugares da provincia como o lago das Pontes, as Fragas do Eume, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, a Costa de Dexo e a cidade da Coruña.

O evento, no que están a participar 91 equipos e 364 deportistas de varias nacionalidades, conta co apoio da Deputación da Coruña. Unha importantísima celebración na que, tanto os participantes como tódalas persoas que sigan o evento, poderán ver os marabillosos lugares da nosa xeografía, en xeral, e da Reserva de Biosfera en particular.