PEL RURINNOVA_Xuventude Emprendedora

Son axudas destinadas a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo, que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réxime de autónomos como persoas físicas ou xurídicas desde o 1 de abril de 2019.

O seu obxecto é o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da xuventude mediante o traballo autónomo.
A contía destas axudas oscilarán entre un mínimo de 4.050,00 € e un máximo de 8.100,00 € por alta, estando previsto o abono das mesmas nun único pago por importe máximo do total da axuda segundo o cálculo mensual que corresponda.

O prazo de solicitude vai do 22 de xaneiro ata as 14:00 h do 30 de abril de 2021 realizando a solicitude por vía telemática a través da plataforma SUBTeL accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

As bases destas axudas están publicadas no BOP nº 2 de 5 de xaneiro de 2021 e a convocatoria no BOP de 21 de xaneiro de 2021.