PEL RELEVO - Creación de Emprego

Con estas axudas, poden beneficiarse as empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas da provincia inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e estean empadroadas en Concellos con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.

O seu obxecto é o de apoiar ao tecido empresarial rural na contratación de persoas mozas en situación de desemprego cunhas axudas que oscilarán entre un mínimo de 2.700 € e un máximo de 28.500 €, estando previsto o abono das mesmas nun único pago por importe máximo do total da axuda segundo o cálculo mensual que corresponda.

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 22 de xaneiro ata as 14:00 h do 31 de decembro de 2021, sendo a súa solicitude telemática a través da plataforma SUBTeL accesible desde a sede electrónica da Deputación provincial da Coruña.

As bases destas axudas están publicadas no BOP nº 2 de 5 de xaneiro de 2021 e a convocatoria no BOP de 21 de xaneiro de 2021.