MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO
Rematou esta V edición da Mostra do Branco Lexítimo con importantes cambios respecto ás anteriores edicións. O seu emprazamento na aldea de Esperela resultou un éxito e ven a darlle a este evento un importante compoñente cultural loado por tódolos visitantes respaldando así a aposta do Alcalde por este cambio.
Os veciños de Esperela responderon con ilusión brindando as súas adegas e galpóns para o desenvolvemento dos actos e a instalación dos distintos colleiteiros que participaron na Mostra; tamén a Capela de Esperela figurou no programa coa celebración nela de charlas especializadas e os concertos das corais dando un toque de elegancia e distinción ós mesmos.
Unha edición na que destacaron as intervencións da Fundación Juana de Vega, do CSIC, do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, da Estación de Viticultura de Galicia e da D.O.P. de Cangas o que ven a dar prestixio o traballo que se está a realizar desde Paderne co Branco Lexítimo.
Acadando un alto nivel de especialización serviu tamén para a realización de catas para a Guía de Viños de Galicia 2019 de Luís Paadín que, acompañado polo seu fillo Alejando, prestixioso sumiller, foi instruíndo ós presentes nas cualidades desta caste.
O Alcalde estivo acompañado polo Presidente da Deputación da Coruña que, un ano máis, quixo achegarse a Paderne a compartir este importante acontecemento que se realiza tamén ó amparo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, representada polo seu Presidente e Alcalde de Abegondo e, da que o Alcalde de Paderne, é Vicepresidente.
O pregón, magnífico, correu a cargo de Ángel Germade, rematando as intervencións do Presidente da Deputación do Presidente da Reserva da Biosfera e do propio Alcalde de Paderne, César Longo.
Debemos destacar tamén que esta edición da Mostra contou coa presenza da empresa Orballo, unha empresa de Paderne ubicada en Donín e que estreaba distintivo de calidade da Reserva de Biosfera, sendo unha das tres empresas que recibiron este certificado a comezos do mes de xuño.
A Mostra contou tamén con actividades paralelas que foron dinamizaron estes dous días; así, os obradoiros de mel no stand de José Manuel Souto Becerra, as demostracións de punto de Cruz no stand de Velouzás, as demostracións de pintura por parte das alumnas dos talleres municipais de Souto e Paderne ou a demostración de encaixe de bolillos no stand de Viñas, foron algúns dos seus atractivos.
Os visitantes tiveron mexillóns para degustar de xeito gratuíto durante a sesión vermú que acompañaron do sabroso Branco Lexítimo das distintas adegas.
Dous intensos días nos que tamén houbo sitio para o deporte co desenvolvemento da II Carreira Trail do Branco Lexítimo que contou coa inscrición de 220 participantes.