MELLORA DE FONTES E LAVADOIRO

Estanse a realizar as obras das seguintes fontes e lavadoiro a fin de manter nas parroquias uns bens que son parte da nosa tradición e cultura.
“Mellora do lavadoiro público, fonte e o seu entorno” no lugar de Esperela, na parroquia de Vigo, por un importe de 28.516,75 €
E proximamente darán comezo as obras de “Mellora da Fonte Maceira e o seu entorno” no lugar de  Condós, na parroquia de Velouzás, por un importe total de 35.326,31 €
Con estas obras, estase a poñer en valor uns ben de arraigada tradición na vida das persoas da parroquia.