CAMPAÑA “LIBERDADE DE SER E SENTIR”

O Concello de Paderne sumouse á campaña promovida pola Deputación da Coruña “Libedade de ser e sentir” que ten por obxecto normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais tendo o seu Día institucional, o 28 de xuño.
Esta campaña de sensibilización pretende visibilizar a importancia  que os valores de tolerancia e igualdade teñen entre as persoas para poder desenvolvernos nunha sociedade máis igualitaria e xusta.
Unha maneira de dar testemuña deste compromiso é o da exposición da bandeira LGTBQI+ na fachada da Casa Consistorial, animando con elo a tódalas persoas a aceptar ós seus semellantes sen discriminación por razóns de sexo ou tendencia.