Instalación dunha marquesina na praza do Concello
O Concello de Paderne resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro da Resolución de 6 de novembro de 2023 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., nº 104 de 2 de xuño de 2023) para o proxecto Instalación de marquesina aparcamiento- plaza casa consistorial Concello de Paderne por un importe de 13.621,48€.
O concello de Paderne presentou na paxina web do Pacto de Alcaldes polo clima o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Paderne. A instalación dunha marquesina na praza do Concello responde a necesidade de contrarrestar este risco de temperaturas extremas (frío e calor) entre os habitantes do Concello que acoden o Concello e o centro de saúde, así como demais servizos instalados, cun lugar onde resgardarse, na parte máis urbana do Concello.
O proxecto esta cofinanciado polos fondos do plan PIMA Cambio Climático.