INICIATIVA RELEVO 2020

Unha nova iniciativa: Relevo 2020 estase a poñer en marcha entre varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o Galp Golfo Ártabro Norte do que Paderne forma parte co seu Alcalde como Vicepresidente.

Esta iniciativa, que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro, é un programa formativo dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que trata de sensibilizar da importancia do sector pesqueiro, apoiar a súa profesionalización, manter a riqueza das zonas pesqueiras como motor da economía e xerar empregos en torno a ela a través da capacitación das novas xeracións.

O programa formativo vai a desenvolverse entre setembro de 2020 e abril de 2021 en dous bloques de catro meses con 15 prazas en cada un dos bloques, facendo un total de 30 prazas en cada un dos Galp participantes.

O proxecto está presente nas redes sociais Facebook e Instagram co nome Relevo2020 pero o que desexe obter máis información ten habilitado o seguinte enderezo: info@relevo2020.org