II TORNEO DE GOLF TERRA DAS MARIÑAS

Os días 7 e 8 de agosto, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estivo apoiando o deporte e promocionando os produtos do territorio nas instalacións do Miño Club de Golf Ártabro, onde se disputou o II Torneo de Golf Terra das Mariñas, na modalidade individual Stableford.

O Presidente da Reserva da Biosfera e Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, fixeron entrega dos trofeos e ó remate compartiron unha variedade de produtos da Reserva cos participantes e invitados.