DESINFECCIÓNS POR TODO O TERMO MUNICIPAL

Desde o comezo da pandemia xerada polo COVID-19, o Concello de Paderne ven a poñer tódolos medios para ofrecer lugares o máis seguros posible para todos; así, calquera pode ver ós equipos de limpeza e desinfección realizando estas labores polos accesos de tódolos establecementos abertos ó público.

Casa do Concello, Centro de Saúde, escolas, farmacia e demais establecementos privados abertos ó público, xunto cos parques e xardíns, son puntos de tratamento e desinfección que se van a seguir mantendo mentres se dea esta situación de perigo.