CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021

Durante os meses de xullo e agosto 13 menores do Concello desfrutan e divírtense no programa Campamento de Verán 2021, grazas ao cal se facilita que outras tantas familias do Concello poidan conciliar a súa actividade laboral co coidado dos seus fillos e fillas.
Durante o verán levan realizado actividades de sendeirismo,  que lles posibilitou coñecer o noso entorno,  rutas en kayak e visitas ás nosas praias que lles permitiron desfrutar da nosa ría,  ciclismo co que descubriron rutas por concellos veciños e outras actividades que, á vez que os mantivo entretidos, os achegou á natureza a través da actividade física.