BONO COIDADO 2021

Infórmase ás familias de  Paderne que a consellería de Política Social ven de publicar as axudas do BONO COIDADO 2021.


Estas axudas  diríxense a familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade,  para atención ás necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.


Poderán ser subvencionados os seguintes gastos:

  1. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.
  2. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio
  3. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
  4. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

O prazo para presentación de solicitudes remata o 30 de setembro

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.xunta.gal procedemento:  BS412A

Máis información nos Servizos Sociais do Concello