30º ANIVERSARIO DO PROGRAMA LEADER

A celebración tivo lugar o pasado día 13 en Cenlle, Ourense. O Alcalde de Paderne e Vicepresidente do GDR Mariñas-Betanzos, non podía faltar a este aniversario no que, ademais, se premiou a labor que se está a desenvolver no territorio que representa.

O programa Leader permitiu apoiar uns 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros ademais de crear e consolidar emprego no campo galego durante os últimos trinta anos.

Nos bos resultados do programa tiveron moito que ver os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) aos que o Presidente da Xunta agradeceu o seu compromiso, traballo e profesionalidade así como a súa contribución para a aplicación da Lei de recuperación de terras e a posta en marcha de iniciativas para impulsar o rural.