ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN PADERNE

No Concello de Paderne, celebrouse un acto reivindicativo contra a violencia de xénero o pasado 26 de novembro no salón do Centro de Maiores; ao mesmo estaban invitadas, previa inscrición, persoas de Paderne ata completar o aforo limitado pola pandemia.  
O acto, que foi presidido polo Alcalde acompañado polo Concelleiro de Benestar Social, vense realizando no Concello de Paderne desde fai moitos anos, sumándose ás sucesivas campañas que poñen en marcha os Organismos oficiais e, en concreto este 2021,  foi un dos 88 concellos da provincia adheridos á campaña “De Fronte” da área de Igualdade da Deputación da Coruña que ten como obxectivo o de contribuír a poñerlle freo á violencia machista xerando un amplo movemento social.
O Alcalde, presentou o acto dando visibilidade a un problema que a maioría das veces se exerce no seo dunha relación afectiva e que require de gran concienciación social e cultural ademais dunha gran sensibilización por parte de todos para poder abordalo.
O Concelleiro de Benestar Social deu lectura ao Manifesto aprobado polo Concello contra a violencia de xénero e, por último, unha actuación de maxia, puxo o punto final ao mesmo.