ASISTENCIA Ó 20 ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA

O Alcalde de Paderne, César Longo, asistiu este luns 20 de xaneiro, ó 20 Aniversario da Inauguración do Complexo Medioambiental de Sogama e á inauguración da súa nova aula medioambiental, en Cerceda; unha nova planta de compostaxe que recibirá, a partires do mes de febreiro, residuos de varios puntos da provincia ampliando así a súa capacidade de transformación.

Inaugurada pola Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, acudiron tamén a Conselleira do Mar, o Tenente Alcalde de Cerceda, Alcaldes de toda Galicia, o Presidente de Sogama e o representante de Naturgy en Galicia.

César Longo, no seu compromiso co clima como Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, impulsando continuamente medidas para lograr un medio ambiente limpo, veu reforzada nesta visita ás instalacións de Sogama, a importancia de tódolos esforzos por axustar os estilos de vida a criterios ambientais.

O Concello de Paderne, tal e como sinala o seu Alcalde, ven a concienciar na adopción de medidas desde os fogares facilitando ós veciños información a través de charlas informativas, campañas, limpeza de vertedoiros incontrolados ou a distribución de composteiros que axuden coa selección de materiais contidos na bolsa negra e susceptibles de reciclaxe eliminando así, en orixe, parte do que botamos nos contedores.

Así, esta nova infraestrutura será clave para cumprir o obxectivo de reciclaxe marcado por Europa ampliando a capacidade de procesamento dos residuos converténdose nun referente a nivel europeo e tamén a nivel mundial ó que todos debemos contribuír.